Público asistente

A Vicepresidencia da xunta esquece as necesidades asistenciais das persoas con diversidade funcional

30 persoas en situación de dependencia claman polos seus dereitos humanos

Pilar Couce directora da FUNGA e Modesto Rouco subdirector Xeral de Discapacidade

Na tarde do pasado 23 de setembro o Subdirector Xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia, Modesto Rouco, acompañado da Directora da FUNGA, Pilar Couce, reuniron a 30 persoas en situacion de dependencia participantes nun Proxecto Piloto de Asistencia Persoal, xunto aos seus asistentes persoais, a fin de explicarlles cal será a situación a partir do 30 de setembro, data na que remata o citado proxecto.

En palabras de Pilar Couce: o que se pretendía con este proxecto piloto e que os usuarios adquirisen as habilidades para poder levar a cabo o seu propio servizo.

Segundo Couce, a partir do vindeiro 30 de setembro estas persoas terán que acudir as contías qua a Lei de promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (LEPA) contempla para aquelas persoas avaliadas no GRADO III da mesma, nos seus niveis 1 e 2. Das 30 persoas participantes só 15 recibirán un complemento a sumar ao que lles outorgue a libranza da dependencia.

Antón Novoa durante unha das súas intervencións

Esta situación fai que moitas destas persoas non saiban con certeza se o vindeiro 1 de outubro poderán dispoñer de asistencia persoal. O Presidente de Vigalicia e membro do Foro de Vida independente, José Antonio Novoa, calificouna de: recorte en todo o acadado ata o de agora. O aquí exposto é un paso atrás e non estamos dispostos a dalo xa que, este proxecto piloto foi un pequeño paso para saír da caverna da dependencia e agora quérennos facer volver a ela.

Para Novoa: a asistencia persoal é un dereito humano que se recolle no artigo 19 da recentemente aprobada Convención das Nacións Unidas polos Dereitos das Persoas con Discapacidade e esta decisión de Vicepresidencia que vulnera este dereito.

A indignación entre os asistentes a dita reunión foi en aumento ante a falla de información e as nulas prespectivas de futuro que se lles dan a unhas persoas para as cales a figura do asistente persoal é basica para poder ser libres, ter unha vida digna e ter o poder de autodeterminación que se desprende do ideario de Vida Independente, dando cumprimento ao instado polo Parlamento de Galicia a través dunha Proposición non de Lei. O nacemento e posta en marcha deste Proxecto Piloto de Asistencia Persoal xurdeu cuns obxectivos de promoción de autonomía e independencia que se foron desvirtuando polo camiño para acabar sendo un simple ensaio de asistencia a domicilio.

Un momento da tensa reunión

A situción económica que se lles brinda a estas persoas a partir do vindeiro 30 de setembro fai que, unha grande maioria, teñan que renunciar ao asistente persoal co que a súa vida volverá a ser verse recluida nas súas casas sen a posibilidade de sair a non ser que recurran aos favores do seu entorno máis próximo (familiares, amigos,…). Como aseguraba José Antonio Novoa: somos un grupo de persoas que temos que estar trampeando na vida para poder vivir fora do cárcere e parece que agora queren meternos nela de novo.

Ao remate da reunión cos representantes da Vicepresidencia formouse de xeito espontáneo unha asemblea de afectados, na cal se decideu tomar as accións necesarias para que os responsables autonómicos manteñan as prestación actuais e invirtan realmente nun sistema galego de asistencia persoal.