A Plataforma do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama diálogo con Vicepresidencia
A Plataforma de Usuarios e Usuarias do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama unha resposta da Vicepresidencia da Xunta á carta que enviaron o xoves, na que solicitaban unha entrevista con Anxo Quintana para dialogar sobre a súa situación e tratar de a topar unha solución que non comprometa a nosa igualdade de oportunidades e permítanos unha vida digna
. Esta Plataforma, integrada por persoas de varios lugares de Galicia, que constituíron a entidade Vigalicia, con sede en Santiago, afirma que quere dialogar directamente e non sente representada por ningunha outra entidade.
Recoñecen que se indicou a algunhas persoas do colectivo a posibilidade de prolongar as actuais axudas un ou dous meses, pero reclaman que se manteñan as condicións actuais, tal como reivindicaron cunha mobilización antonte en San Caetano.
FONTE: Lavozdegalicia.es.