2 – Diversidade Funcional e Sexualidades: Unha cuestión de dereitos

#AsistenciaSexualGalicia
Intervención da sexóloga Martina González Veiga na Xornada: Asistencia sexual. Un dereito para a diversidade funcional. “Que en Galicia se leve a cabo esta xornada é algo case que revolucionario”. “A sexualidade é unha cuestión de dereito e emana de respectarnos a nós mesmos e aos demais”.

Martina González Veiga é Psicóloga Sanitaria e Sexóloga. Fundadora do Centro de Sexoloxía Con mucho gusto!, vogal da Sociedade Galega de Sexoloxía, membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica e colaboradora habitual de diversos medios de comunicación.