Anxela López e Fabiola Martínez

10 anos de incumprimento parlamentario

O pasado 3 de marzo, membros de VIGALICIA mantiveron unha reunión de traballo coa Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (Fabiola García Martínez), nun intento máis por reconducir a precariedade do sistema de Asistencia Persoal para persoas con diversidade funcional para adecuala ao aprobado en PNL polo Parlamento de Galicia no 2007.

Anxela López Leiceaga, presidenta de VIGALICIA, comezou manifestando ante os responsables da Xunta que durante este longo período (2007-2017), unha prestación que debería servir de soporte para a vida independente é exigua e non permite apoios máis aló de 30 horas á semana. Reiteraron a percepción da insuficiencia orzamental, que convirte este sistema nunha simple emulación do servizo de Axuda a Domicilio. Deste xeito non se permiten proxectos de traballo, estudos ou participación social, o que significa unha condena destes cidadáns a un endémico estado de carencia e precariedade, ao coidado nunha contorna familiar envellecida.

Os responsables da Xunta escusáronse na insuficiencia de fondos por parte do goberno central, e que boa parte destas posibles melloras estan supeditadas á regulación do perfil profesional do asistente persoal, aínda en negociación a nivel estatal. Medidas concretas propostas por Vigalicia como a contratación directa ou a formación do asistente por parte do usuario sen esixir unha titulación específica, non encontraron oposición pola súa parte, mais VIGALICIA insiste en que tras dez anos de demoras é preciso traballar seriamente nesta vía, ao xeito doutros proxectos activos desde aquela.

Outros temas relacionados, como o programa para a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, viculados a recursos do FSE, houbo por parte dos representantes da Xunta unha proposta de revisión das serias carencias que presentou no seu desenvolvemento.

VIGALICIA comunicou á Directora Xeral que a partir do próximo o 8 de marzo abordarán unha rolda de consultas cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia, para avaliar conxuntamente o grao de cumprimento da PNL que auspiciou o sistema de AP, a proxección a futuro de este na posible revisión da mal chamada Lei de Dependencia e posibles fórmulas lexislativas que aborden o marco dun verdadeiro modelo de vida independente para as persoas con diversidade funcional de Galicia.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros. Se segues navegando considérase que aceptas a política cookies. Máis información

As opcións de cookie neste sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerche mellor experiencia de navegación. Se segues utilizando este sitio web sen cambiar as opcións ou premes en "Aceptar" estarás consentindo as cookies do sitio. Aviso legal

Pechar