1 – Inauguración da Xornada “Asistencia sexual. Un dereito para a diversidade funcional”

Ernesto Gómez Mosquera do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC presenta a Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade e Jose Antonio Nóvoa Romay, membro do Foro de Vida Independiente e de VIgalicia.

Susana López Abella asegurou que: “Desde a secretaría estamos involucrados co empoderamento e cos dereitos fundamentais das persoas con diversidade funcional”.

José Antonio Nóvoa Romay, que afirmou que: “A finalidade desta xornada é a de meter o pau no avespeiro a fin de lograr que se poñan en marcha en Galicia iniciativas no tocante á sexualidade das persoas con diversidade funcional”.

A xornada “Asistencia Sexual. Un dereito para a diversidade funcional” tivo lugar o pasado martes 24 de novembro na Facultade de Educación e foi organizada por VIgalicia coa colaboración da USC e da Secretaría Xeral de Igualdade.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros. Se segues navegando considérase que aceptas a política cookies. Máis información

As opcións de cookie neste sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerche mellor experiencia de navegación. Se segues utilizando este sitio web sen cambiar as opcións ou premes en "Aceptar" estarás consentindo as cookies do sitio. Aviso legal

Pechar