Yes we fuck no Grove

Yes we fuck O Grove

O pasado venres 31 de marzo, proxectouse o documental Yes, we fuck! na sala da cuchas da da casa do Concello do Grove. O acto, organizado polo Centro Información á muller (CIM) do Concello de O Grove e contou coa presenza de Anxela López membro do Foro de Vida Independente e presidenta de VIgalicia.

Anxela, participante no documental,agraceu o apoio institucional posto que ainda son poucos os Concellos os que se atreven a proxectalo e debatir sobre este tema tan vital e esencial para o ser humano,e unha máis incidiu na importancia de visibilizar a sexualidade das persoas “diferentes” como algo natural e necesario, deses corpos que a sociedade non considera normais, que os discrimina e os oculta.

O documental "Yes, we fuck" ven a ser unha ferramenta moi útil e moi potente para mudar a maneira de percibir a diversidade funcional empoderandoas no ambito sexual , ese ámbito tan esquecido pola sociedade e a vez abrir un debate e reflexionar sobre a visión que se ten da diversidade humana (mulleres, transexuais, diversos funcionais…).establecendo alianzas con resto das persoas discriminadas.

A continuación comentou a necesidade que se abandone esa falsa crenza de enfermidade, incapacidade, submisión, infantilismo, suxeito pasivo, asexuado, digno de lástima e protección próprio do Modelo Médico –Rehabilitador e que se camiñe hacia un Modelo de Vida Independente, que é o que nos da control das nosas vidas grazas o apoio da Asistencia Persoal nas tafefas cotías e no sexual a Asistencia sexual e ...que mellor maneira de facelo que a traves da sexualidade, mostrando eses corpos como desexables, capaces de dar e recibir pracer ao alcance de todos e todas cos espazos inclusivos e os recursos necesarios.

Como novidade aproveutou para dar coñecer outro proxecto “TUS MANOS, MIS MANOS“ (asistenciasexual.org) outro proxecto de Antonio Centeno e co VIGalicia colabora

Ao acto asistiu numeroso público, que seguiu con interese a proxección e despediu cun gran aplauso o final do documental. No debate houbo unha gran participación animando a que pais e nais de persoas con diversidade intelectual visualicen o mesmo e que outros Concellos se sumen a esta iniciativa.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]