Xornada sobre asistencia persoal en Lugo

Participantes na xornada

O pasado 7 de Abril celebrouse en Lugo a xornada sobre Asistencia Persoal organizada pola asociación Auxilia Lugo. Nela intervindo a presidenta de Vigalicia Anxela López Leiceaga ca ponencia "A Asistencia Persoal, un dereito humano para as persoas con diversidade funcional". A continuación tivo lugar unha mesa redonda sobre experiencias persoais. Rematouse ca intervención do representante da rede Eusumo, fomento do corporativismo e a economía social.

Anxela López,presidenta de VIGalicia comezou a sua intervención lembrando que a Asistencia Persoal é un recurso humano imprencindible para a realización das actividades cotiás, unha alternativa a institucionalización forzosa pola diversidade funcional, que nos empodera e nos iguala o resto dos cidadán e que a pesar de contar co respaldo do parlamento Galego ,14 de febreiro do 2007, contamos só con 30 horas semanais de liberdade que nin sequera cubren as necesidades máis básicas da persoa.

Por isto, é tan necesario fortalecer Asistencia Persoal garantindo un mínimo de 60 horas a semana e á vez eliminar as trabas na contración directa por conta allea, reducindo os costes que xenera unha entidade intermediaria.

Ao longo destos anos VIGalicia ven reclamando á Xunta de Galicia melloras na mesma e conta unha vez máis co apoio do Parlamento Galego na reunión mantida , o pasado 8 de marzo,cos diferentes grupos políticos.

Rematou resaltando que é un dereito humano recoñecido, nunha norma suprema internacional, no art 19 da Convención da ONU dos dereitos das persoas com diversidade funcional e fixo referencia tamén ao informe da relatora especial da ONU do pasado 20 de decembro de 2016 que ven a recomendar entre outras:..

"Reconocer, en la legislación interna, la obligación de proporcionar acceso a distintas formas de apoyo para las personas con discapacidad a fin de que estas puedan desempeñar sus actividades cotidianas y participar en la sociedad";

No debate participaron varias persoas com diversidade funcional incluidos algúns Asistentes Persoais que comentaron o seu malestar pola gestión levada a cabo pola entidade intermediaria da AP e polo sobrecoste que supón ser autónomo para prestar o servizo de AP , quedando de manifesto a eficiencia económica da autoxestión realizada por VIGalicia.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]