Vida independente

¿Que entendemos en VIGALICIA por vida independente?

O ideario de Vida Independente pretende cambiar o punto de vista que a sociedade ten sobre as persoas con diversidade funcional (discapacidade), e en especial sobre as que dependen doutros para o normal desenvolvemento da súa vida diaria.

Este ideario pretende restituir nestes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos civís, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións.

O modelo de Vida Independente xurde, pois, dende as propias persoas con diversidade funcional co obxecto de romper cos modelos discriminantes, entendendo que son estes homes e mulleres quenes deben decidir sobre o seu propio destino. Iso significa cortar co papel médico-paciente, romper coa intervención dirixista do profesional e co esquema de que o problema céntrase na persoa con diversidade funcional, responsabilizando, pola contra, ó entorno da discriminación e a violación dos seus máis básicos dereitos humanos.

¿Como garantir o acceso a unha vida independente?

Principalmente, mediante a dispoñibilidade dun servizo de Asistencia Persoal.

¿Que é o servizo de asistencia persoal?

É o servizo que se obtén dunha persoa contratada directamente por un home ou unha muller con necesidades asistenciais transitorias ou permanentes mediante a asignación previa de fondos públicos para sufragar esa contratación. A Asistencia Persoal oriéntase a desenvolver ou aumentar a eficiencia das súas necesidades cotiás determinadas por él ou por ela. Este servizo comprende o control absoluto sobre as tarefas, o tempo e a forma en que este ten lugar.

Cales son os obxectivos de VIGALICIA

Vigalicia é unha entidade legalmente constituída como asociación de carácter autonómico que xurde inspirada polos principios de Dignidade, Igualdade e Autodeterminación.

Vigalicia é un instrumento de apoio e intermediación para a consecución e xestión de recursos suficientes para a Vida Independente, tales como sistemas de Asistencia Persoal e Asistencia Tecnolóxica baixo o ideario da Vida Independente, así como da accesibilidade e deseño universal dos espazos e productos.

Igualmente, promove alternativas á institucionalización imperativa por causa de diversidade funcional.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]