"Yes we fuck O Grove

Proxección do documental “Yes, We Fuck!” no Grove

Presentación e dinamización do foro: Anxela López Leiceaga, presidenta de Vigalicia e participante no documental

Venres 31 de marzo ás 20h

Sala das Cunchas da casa do concello do Grove

Entrada de balde e para todos os públicos

A proxección será en v.o con subtítulos

Que é “Yes, we fuck!” e que procura..?

Yes, we fuck! procura visibilizar a sexualidade das persoas con diversidade funcional, amosando que o sexo é patrimonio de todxs…

Seis historias de sexo e diversidade funcional

Historias reais e diversas dirixidas por Antonio Centeno e Raúl de La Morena, onde o sexo tórnase unha arma de pracer en pro dos dereitos individuais e colectivos das persoas. Alén do sexo, este proxecto amosa o que pode facer a sexualidade polas persoas con diversidade funcional senon tamén o que pode achegar a realidade da diversidade funcional á sexualidade humana en xeral.

Yes, we fuck! non é so un documental senon tamén un proxecto onde a xente participa, dialoga e sobre todo, cuestiona.

Máis información: CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Grove dinamizacim@gmail.com – 986 730 900