Presentación de VIgalicia

Membros de Vigalicia durante a presentación (clic para ampliar a foto)O día 20 de marzo, tivo lugar a presentación da primeira asociación galega e española de usuarias e usuarios de asistencia persoal (todos eles persoas con diversidade funcional con necesidade de asistencia persoal para a vida diaria) baixo a filosofía da Vida Independente VIGALICIA (Vida Independente de Galicia).

O acto estivo presentado por Antón Novoa quen falou da importancia do nacemento desta entidade neste intre en que se está a perfilar o modelo de atención ás persoas con diversidade funcional (discapacidade) dentro da Lei da Promoción de autonomía personal e atención ás persoas en situación de dependencia. Pretendese restituir nestes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos civís, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións.

Javier Romañach á esquerda e Antón Novoa (clic para ampliar a foto)No acto estivo tamén presente Javier Romañach representante de ENIL (Rede Europea de Vida Independente) que falou da importancia de que sexan os mesmos usuarios os que xestionen e controlen a súa propia asistencia persoal evitando así que se xenere unha industria da “discapacidade” donde o que menos poder de decisión teña sexa a propia persoa atendida.

VIGALICIA foi tamén a precursora da recente aprobación polo Parlamento de Galicia da proposición non de lei para posta en marcha dun proxecto piloto de asitencia persoal polo que VIGALICIA leva traballando hai xa 20 meses coa Xunta de Galicia. Ainda que non hai nada concretado a data de hoxe agardan que este proxecto sexa pronto unha realidade que responda ás necesidades para o que foi ideado e faga a Galicia pionera na implantación dun sistema xa validado en outros paises.

Video da presentación

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]