Presentación de VIgalicia na Fundación Paideia

Rosalía Mera e membros de Vigalicia durante a presentación (clic para ampliar a foto)Onte as 19h tivo lugar, no salón de actos da fundación Padeia a presentación pública de VIGALICIA, primeira asociación galega e do estado de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal (todos eles persoas con necesidade de asistencia persoal para a vida diaria). VIGALICIA, promovida por membros do Foro de vida independente, foi constituída en xuño de 2006 como unha ONG de dereitos humanos que xurde inspirada polos principios igualdade, liberdade e autodeterminación..

O acto foi presentado pola Presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, quen felicitou ao grupo de VIGALICIA, pero quixo deixar constancia de todo o esforzo que se leva realizando por parte de outras asociacións como a AIND, CONFAPA e outras persoas anónimas que foron realmente pioneiros no intento de cambio real na vida con diversidade funcional a través da integración escolar e da integración sociolaboral.

Rosalía Mera e membros de Vigalicia durante a presentación (clic para ampliar a foto)Falou de seguido Antón Nóvoa, portavoz da Asociación VIGALICIA, quen salientou a importancia do nacemento desta entidade no momento en que se está a perfilar o modelo de atención dentro da Lei da Promoción da Autonomía Persoal. Pretendese restituír a estes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos cidadáns, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións. Este movemento nace da necesidade de dirixir e ser responsable das nosas vidas, do dereito a equivocarnos e asumir riscos, pero tamén participar activamente no deseño dos servizos e dos recursos e medios que vamos a recibir.

VIGALICIA foi tamén precursora da recente aprobación polo Parlamento de Galicia da proposición non de lei para a posta en marcha dun proxecto piloto de asistencia persoal, polo que VIGALICIA leva traballando hai xa 20 meses coa Xunta de Galicia. Agardamos a decisión de Vicepresidencia, mais parece que non é o noso proxecto o que se vai a aprobar, senón outro, ao que se sumaron outros interlocutores oportunistas, que ao mesmo tempo que promoven novos centros de reclusión, pretenden estar preparados para promover proxectos de vida independente.

Rosalía Mera e membros de Vigalicia durante a presentación (clic para ampliar a foto)Proxectouse un documental de ULOBA, Cooperativa Norueguesa para a vida independente, no que se expuxeron varias experiencias de Asistencia Persoal de persoas con diversidade funcional física, psíquica e sensorial, no que queda ben claro o significado do modelo de Vida Independente: A superación da concepción da persoa con diversidade funcional como suxeito pasivo, simple receptor de coidados e de decisións de instancias alleas.

Rematou o acto con un pequeno coloquio

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]