Noticias

Noticias

Yes We Fuck en Ourense

Raúl de la Morena y Antonio Centeno [Clic para ampliar a imaxe]

Este xoves, ás 22:30h na Praza San Marcial, e organizado pola Asemblea Feminista de Ourense, proxectarase o documental Yes We Fuck, dentro das actividades de veránEarte 2015

No acto farase a presentacion do proxecto sobre diversidade funcional e sexualidade da man de Anxela Lopez Leiceaga e habera tamén petiscos solidarios.

VIgalicia apoia a VIII Marcha pola visibilidade das persoas con diversidade funcional

Pancarta coa lenda 'Dereitos humanos xa'

Vigalicia anima ás persoas con diversidade funcional, os seus familiares, amigos e simpatizantes, e aos valedores dos dereitos humanos, a acudir á convocatoria realizada polo Foro de Vida Independiente y Divertad (FVID) o próximo 13 setembro en Madrid. Será nunha xornada de afirmación da dignidade e do valor da diversidade humana da que senten orgullosamente investidos. A Marcha partirá desde a Praza Jacinto Benavente ás 18 horas e discorrerá pola rúa Atocha.

Lugo - SOLCOM e VIGALICIA presentan a 3ª Campaña de Difusión da Convención da ONU sobre discapacidade

Encontros Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos

Enerxía en acción para un novo Horizonte de Xustiza

Lugo - 5 de xuño de 2014

Cartel do encontro [Clic para ampliar a imaxe]

Data: Xoves 5 de xuño de 2014.

Hora: 17:30h

Lugar: Centro Social Uxío Novoneyra, Rúa Quiroga Ballesteros Nº 1. Lugo

A Consellería de Educación vulnera o dereito á educación e á saúde de Arturo

Arturo [Clic para ampliar a imaxe]

Arturo é un neno coruñes con autismo. Dende fai anos cursa estudios no CEIP Salgado Torres da cidade herculina. Ata o de agora o rendemento de Arturo tanto no seu desenvolvemento persoal como a nivel de relacion con mestres e compañeiros fora satisfactorio.

As cousas mudaron a principios do presente curso lectivo cando os pais de Arturo se deron conta dun cambio repentino de actitude no rapaz, cando a penas pasaran 5 días dende o comezo das clases. Os mestres de Arturo foron sustituídos por outros e retiraron as adaptacións que o neno tiña na aula, así como as pautas de comportamento con relación a Arturo (a nova profesora diríxese ao neno a berros). A todo esto uníuse un feito moi significativo: a supresión dos apoios visuais que Arturo utilizaba para comunicarse.

VIGALICIA convida á participación en Europa

Símbolo das xornadas [Clic para ampliar a imaxe]

ENIL organiza as Xornadas sobre a múltiple discriminación que enfrontan os mozos con discapacidade en Europa.

É un evento dunha semana de duración, que terá lugar entre o 29 de xuño e o 6 de xullo de 2014 en Estrasburgo, Francia.

Os obxectivos xerais son:

  1. Sensibilizar aos mozos con discapacidade e empoderalos dándolles a posibilidade de contrarrestar a discriminación.
  2. Desenvolver unha campaña para loitar contra a discriminación múltiple.

Charla de VIgalicia no CIFP Anxel Casal da Coruña

Anxela López durante a charla [Clic para ampliar a imaxe]

Anxela López Leiceaga, Presidenta de VIgalicia, participou onte nunha charla no CIFP Anxel Casal (A Coruña), coas alumnas do ciclo de "Técnico en atención a persoas en situación de dependencia". Os temas tratados foron a Vida independente, a asistencia persoal e a figura do asistente persoal. Proxectáronse vídeos, entregoúselle a guía do asistente persoal elaborada por AMBAR, ademais de diversa información relacionada. As alumnas estiveron moi interesadas na figura do asistente persoal, viron un boa saída laboral para o seu futuro, e tiveron unha gran participación no debate posterior.

Petición dirigida a D. Manuel Moix Blázquez, Fiscal Superior de la Comunidad de Madrid

Investigue el trato recibido en el CAMF (Centro de Atención a Personas con Discapacidad) de Leganés, denunciado en el programa ‘Diario de’, (31-1-2014) en Cuatro.

Firma en change.org

Faleceu Marita Iglesias

Marita Iglesias Padrón [Clic para ampliar la imaxe]

Marita Iglesias foi fundadora de VIgalicia, referente do Movemento de Vida Independente (MVI) en España e posuía unha longa traxectoria como activista polos dereitos da muller e das persoas con diversidade funcional.

Proba de condución con Joystick

Mandos de condución adaptados [Clic para ampliar a imaxe]

En agosto está previsto realizar en Galicia unha demostración de condución cun coche adaptado con joystick. Ofrécese ademais aos interesados realizar unha proba da súa utilización.

Esta adaptación é moi sofisticada e permite conducir a persoas con moi pouca forza e apenas mobilidade nos brazos. O sistema adáptase ás posibilidades motoras do usuario e mesmo se pode realizar todas as manobras cos pés.

Logo de facer a proba, e se existise a demanda suficiente, poderíase facer un grupo en Galicia para sacar o carné de conducir e non ter que desprazarse fóra.

Se estás interesado ou coñeces a alguén que puidese estalo, contacta con Patricia: conducion_con_joystick [arroba] yahoo [punto] com.

Nace VICOVAL, asociación para a Vida Independente da Comunidade Valenciana

Logotipo de Vida Independiente Comunidad Valenciana

Activistas valencianos, na súa maioría membros do Foro de Vida Independiente y Divertad, constituíron a asociación VICOVAL encamiñada a promover a Vida Independente das persoas con diversidade funcional que precisan apoios xeneralizados, de tal forma que poidan exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida social, política e comunitaria, co mesmo rango de igualdade de dereitos e deberes que os seus concidadáns.

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]