Noticias

Noticias

Alejandra non é especial, é unha persoa

Mónica Sumay, nai da nena discriminada por razón da súa diversidade funcional: Alejandra non é especial, é unha persoa.

Alejandra é unha nena con diversidade funcional intelectual de 14 anos, de Catoira (Pontevedra), a quen a Delegación Provincial da Consellería de Educación obriga a escolarizarse nun Centro de Educación Especial situado a 15 Km do seu lugar de residencia. Esta medida vulnera a Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das persoas con discapacidade e rompe os principios de igualdade de oportunidades e participación social impedindo unha educación inclusiva e diversa. Ante esta situación Mónica Sumay, nai de Alejandra, concedeu a VIgalicia unha entrevista, na que denuncia a discriminación á que se está a ver sometida a súa filla.

Que opinión lle merece un sistema educativo que obriga a unha persoa con diversidade funcional como Alejandra a deixar o seu entorno de sempre – o Centro Público Integrado El Progreso - por non poñer en funcionamento uns recursos que, por lei, debería ter ao seu alcance?

Madrid acollerá a II marcha pola visibilidade da diversidade funcional

José Antonio Novoa e Juan José Maraña (clic para ampliar a imaxe)O vindeiro 13 de setembro, as rúas de Madrid serán o escenario da II Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Sairá ás 18:00 h. da Praza Jacinto Benavente e percorrerá a rúa Atocha ata as proximidades da Glorieta de Atocha.

Para presentar esta iniciativa, na mañá do pasado 2 de setembro, o Presidente de VIgalicia e membro do Foro de Vida Independente, José Antonio Novoa, e o representante da Rede Europea de Vida Independente (ENIL), Juan José Maraña, compareceron diante dos medios de comunicación nunha rolda de prensa na Casa Jimena de Santiago de Compostela.

Os pais de alejandra néganse a que a súa filla sexa discriminada

A nai da nena lémbralles aos responsabeis de educación que están a vulnerar os preceptos da Convención da ONU polos Dereitos das Persoas con Diversidade Funcional

Mónica Sumay compareceu na tarde do pasado 19 de agosto ante os medios de comunicación para denunciar a discriminación á que se está a ver sometida a súa filla.

Mónica é nai de Alejandra, unha nena con diversidade funcional intelectual de 14 anos, de Catoira (Pontevedra), á quen a Delegación Provincial da Consellería de Educación obriga a escolarizarse nun Centro de Educación Especial situado a 15 Km do seu lugar de residencia. Esta medida vulnera a lexislación vixente e rompe os principios de igualdade de oportunidades e participación social impedindo unha educación inclusiva e diversa.

VIgalicia abre un Blog (en inglés) no Web Site de ENIL

VIgalicia como membro da Rede Europea de Vida Independente (ENIL) ven de abrir un Blog (en inglés) no Web Site de ENIL www.enil.eu na sección "Members". É un xeito máis de espallar as nosas novas a unha máis ampla comunidade.

VIgalicia entrevistase con Judith Heumann

Aproveitando a recente presenza na nosa comunidade da fundadora do movemento de Vida Independente Judith Heumann, representantes da Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, mantiveron con ela un encontro informativo.

Judith Heumann é unha das fundadoras do movemento de Vida Independente das persoas con diversidade funcional que naceu nos EEUU nos anos 70 e, dende aquela, estivo ligada aos intereses das persoas con diversidade funcional dende diversos cargos de responsabilidade política como poden ser o de Vice-Secretaria de Estado para a Educación encargada da Oficina de Educación Especial e Servizos de Rehabilitación dentro da Administración Clinton ou o de Asesora do Banco Mundial en Materia de Discapacidade.

Rolda de Prensa de Judith Heumann en Santiago de Compostela

Santiago, 21 de xullo de 2008
Ás 10:30 horas a Directora da Fundación Iniciativas 21, Mercedes Rosón, presentou a unha das fundadoras do movemento de Vida Independente, Judith Heumann ás que definiu como unha persoa importantísima no ámbito da De-pendencia.

Judith Heumann durante a rolda de prensa, FOTO: Ramón Escuredo

Heummann iniciou a súa alocución facendo unha pequena referencia histórica sobre o nacemento do Movemento de Vida Independente nos anos 70 do século XX. Destacou tamén a recente aprobación da Convención polos Dereitos das Persoas Con Diversidade Funcional por parte da ONU (convención que foi asinada por 32 países, entre eles España) e aclarou que no vindeiro mes de Novembro terá lugar unha reunión de todos os gobernos dos países asinantes de dita convención para comezar a traballar na implantación da mesma.

II Marcha pola igualdade das persoas con diversidade funcional

A discapacidade é un asunto de dereitos humanos

13 de setembro de 2008

Imaxe para serigrafiar nas camisetas (clic para ampliar a imaxe)

Subvencións para facilitar a autonomía persoal

Orde do 9 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para facilitar a autonomía persoal dirixidas ás persoas en situación de dependencia e se procede á súa convocatoria.

Subvencións de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Actuacións subvencionables:

  1. Produtos de apoio para o aseo e hixiene persoal.
  2. Produtos de apoio para a alimentación.
  3. Produtos de apoio para a mobilidade, posicionamento e protección persoal.
  4. Produtos de apoio para a comunicación aumentativa e alternativa.
  5. Produtos de apoio para o acceso ás tecnologías da información e comunicación (TIC).
  6. Produtos de apoio para persoas con discapacidade auditiva.
  7. Produtos de apoio para persoas con discapacidade visual.

Festa do socio da asociación Integro

Cartel da Festa do Socio da Asociación Integro (clic para ampliar a imaxe)Domingo 20 de xullo na praia de Balarés

14:30 Xantar

17:00 Xogos na diversidade

Música, xogos, sorrisos, amizade, unión, ilusión, esforzo, diversidade, igualdade.

Conferencia de Judith E. Heumann en Santiago

A Fundación Iniciativas 21 organiza a conferencia maxistral Políticas públicas e dereitos das persoas con discapacidade que será impartida por Judith E. Heumann.

Judith E. Heumann [Clic para ampliar a imaxe]

A señora Judith E. Heumann (1947, EE.UU.), é unha activista na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional (discapacidade) como resulta do seu compromiso e experiencia persoal. Heumman, afectada pola poliomielite na súa infancia, usuaria de cadeira de rodas é co-fundadora de Disability in Action (1970) á vez que do World Institute on Disability (1983) xunto a Ed Roberts e Joan León en 1983, traballando como co-directora ata 1993. Serviu na Administración do Presidente Bill Clinton como Subsecretaria da Oficina de Educación Especial e Servizos de Rehabilitación do Departamento de Educación dos EE.UU., de 1993 a 2001. Tamén traballou como Asesora sobre Discapacidade e Desenvolvemento no World Bank Group, propiciando a integración das perspectivas sobre discapacidade nos seus programas e proxectos. Na actualidade é a Directora do Departamento de Servizos de Discapacidade en Washington, DC.

Heumann graduouse na Universidade de Long Island en 1969 obtendo un Master of Science en saúde pública na Universidade de California, Berkeley en 1975. Foi galardoada cos Doutoramentos Honoris Causa pola Universidade de Long Island en Brooklyn, e pola Universidade de Illinois en Urbana-Champaign. Ela foi a primeira galardoada co Premio Henry B. Betts do Instituto de Rehabilitación de Chicago.

O acto terá lugar o luns día 21 de xullo ás 20:00 h. no Salón de Convencións do Hotel Araguaney (rúa Alfredo Brañas, num. 5, Santiago de Compostela).

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]