Oficina de Vida Independente de Galicia (OVI)

Manifiesto II marcha por la visibilidad de la diversidad funcional

Esto es una fiesta. No puede ser de otra manera. Estamos celebrando que todos, individual y colectivamente, hemos llegado hasta aquí, desde los cuatro puntos cardinales del mapa.

Nos sabemos acompañados por aquellos a quienes se les sigue negando la oportunidad de asistir, por motivos diversos. Ellos también están, también son visibles.

Y lo hemos celebrado, lo vamos a celebrar.

Ayer hizo dos años que un grupo de personas con diversidad funcional protagonizó un encierro en la sede del IMSERSO, ante el inminente debate parlamentario de la Ley de Promoción de la Autonomía Personal, o Ley de Dependencia. El encierro terminó en secuestro.

As persoas con diversidade funcional fanse visibles en madrid en defensa dos dereitos humanos

VIgalicia estivo moi presente nesta xornada na que se reclamaron os recursos necesarios para que as persoas con diversidade funcional poidan acceder a unha vida independente.

Asitententes sostendo unha pancarta[Clic para ampliar la imagen]

O pasado 13 de setembro as rúas de Madrid foron o escenario da II Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. En torno ás 1.300 persoas, moitas delas con diversidade funcional, abarrotaron o traxecto entre a Praza de Jacinto Benavente e a rúa de Atocha, nun ambiente festivo e de celebración. O obxectivo fundamental de dita marcha foi o de acadar a visibilidade do noso colectivo, tradicionalmente aparcado nos fogares e as esquinas remotas da sociedade e a promoción da conciencia social de que a diversidade funcional é unha cuestión de Dereitos Humanos, tal e como se establece na Convención da ONU que entrou en vigor maio de 2008.

Os pais de alejandra denuncian á delegación de educación pola difusión de datos privados da súa filla

José Lobato e Mónica Sumay, pais da nena con diversidade funcional intelectual natural de Catoira á que a Delegación Provincial da Consellería de Educación quere obrigar a escolarizar nun centro de educación especial, veñen de presentar unha denuncia ante a Inspección da Axencia Estatal de Protección de Datos contra a propia Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O motivo de dita denuncia son unhas declaracións do Delegado da Consellería, Cristobal Fernández, á axencia de noticias Europa Press, realizadas o pasado 28 de Agosto, nas que revelava datos referentes ao historial médico de Alejandra. En opinión de Mónica Sumay: o delegado fixo estas declaracións para poder xustificar unha decisión de todo punto de vista inxustificable posto que vulnera os dereitos humanos da miña filla.

Alejandra non é especial, é unha persoa

Mónica Sumay, nai da nena discriminada por razón da súa diversidade funcional: Alejandra non é especial, é unha persoa.

Alejandra é unha nena con diversidade funcional intelectual de 14 anos, de Catoira (Pontevedra), a quen a Delegación Provincial da Consellería de Educación obriga a escolarizarse nun Centro de Educación Especial situado a 15 Km do seu lugar de residencia. Esta medida vulnera a Convención de Nacións Unidas dos Dereitos das persoas con discapacidade e rompe os principios de igualdade de oportunidades e participación social impedindo unha educación inclusiva e diversa. Ante esta situación Mónica Sumay, nai de Alejandra, concedeu a VIgalicia unha entrevista, na que denuncia a discriminación á que se está a ver sometida a súa filla.

Que opinión lle merece un sistema educativo que obriga a unha persoa con diversidade funcional como Alejandra a deixar o seu entorno de sempre – o Centro Público Integrado El Progreso - por non poñer en funcionamento uns recursos que, por lei, debería ter ao seu alcance?

Un raio de luz

Un raio de luz[Clic para ampliar la imagen]

Un raio de luz, regalo de Alejandra ao Foro de Vida Independente polo seu apoio.

Alejandra é a nena con diversidade funcional intelectual de 14 anos, de Catoira (Pontevedra), á quen a Delegación Provincial da Consellería de Educación obriga a escolarizarse nun Centro de Educación Especial situado a 15 Km do seu lugar de residencia.

Carta de VIgalicia á conselleira de educación pola discriminación á rapaza de Catoira

Sra. Conselleira Dona Laura Elena Sánchez Piñón
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia
Edif. Administrativo de San Caetano

20 de agosto de 2008

Sra. Conselleira:

Dirixome a vostede como membro dunha entidade cidadán de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal de ámbito galego, que está a seguir de cerca o desenvolvemento do caso da nena de Catoira de 14 anos con diversidade funcional intelectual, Alejandra Lobato Sumay, un asunto do cal supoñemos está plenamente informada.

Os pais de alejandra néganse a que a súa filla sexa discriminada

A nai da nena lémbralles aos responsabeis de educación que están a vulnerar os preceptos da Convención da ONU polos Dereitos das Persoas con Diversidade Funcional

Mónica Sumay compareceu na tarde do pasado 19 de agosto ante os medios de comunicación para denunciar a discriminación á que se está a ver sometida a súa filla.

Mónica é nai de Alejandra, unha nena con diversidade funcional intelectual de 14 anos, de Catoira (Pontevedra), á quen a Delegación Provincial da Consellería de Educación obriga a escolarizarse nun Centro de Educación Especial situado a 15 Km do seu lugar de residencia. Esta medida vulnera a lexislación vixente e rompe os principios de igualdade de oportunidades e participación social impedindo unha educación inclusiva e diversa.

VIgalicia abre un Blog (en inglés) no Web Site de ENIL

VIgalicia como membro da Rede Europea de Vida Independente (ENIL) ven de abrir un Blog (en inglés) no Web Site de ENIL www.enil.eu na sección "Members". É un xeito máis de espallar as nosas novas a unha máis ampla comunidade.

Turismo para todos

E. Losada E. L.

Antón Novoa, representante do Foro de Vida Independente en Galiza

Son moitos os galegos que este ano renunciaron ás vacacións de verán por mor da crise, pero son moitos máis os que pensan que organizar unhas vacacións pode chegar a ser unha crise en si mesma. Se a idea de elixir destino, buscar aloxamento, transporte, preparar maletas, planificar rutas e facer contas é suficiente para estresar a maioría, que vacacións quedan cando as opcións e facilidades caen mentres que os prezos se disparan?

Parece unha fraude, pero é a realidade á que se enfrontan en Galicia e España as persoas con algún tipo de diversidade funcional que se queren relaxar uns días lonxe da casa. Xa se dan trabas para chegar dende alí ao destino elixido e, contra o que se poida pensar, que este estea preto non facilita nada, máis ben o contrario. Segundo a experiencia de Antón Nóvoa, representante do colectivo Foro de vida independiente en Galicia, o avión é o medio no que se dan menos problemas, tanto nas liñas dentro da península como coas estranxeiras. Asegura ademáis que de solicitar asistencia coa debida anticipación adóitase dispoñer dela.

Reflexión sobre el nuevo trato social para los derechos humanos

Asentado sobre la Convención de Naciones Unidas sobre los derechos de las personas con discapacidad.
José Antonio Nóvoa Romay. Foro de Vida Independiente. Xullo 2008

En Galicia hay más de 200.000 personas que manifiestan algún tipo de discapacidad. Hablamos de una gran minoría social que comprende todos los estratos sociales, edades, sexos, orientaciones o identidades sexuales, colores de piel, idiomas, habilidades mentales o físicas, entre otras características, recorriendo nuestra sociedad tranversalmente, significando un factor más de diversidad y un fenómeno social de primera magnitud.

Las categorías utilizadas para interpretar el fenómeno social de la discapacidad, para considerar las diversidades físicas, mentales y sensoriales relacionadas al mismo, han variado en el tiempo desde un enfoque animista‐religioso (apelando a lo sobrehumano, al pecado, al castigo divino, etc.) a otro técnico‐secularizado, que considera las deficiencias como resultado de alguna patología, innata o sobrevenida.

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]