Oficina de Vida Independente de Galicia (OVI)

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Experiencia persoal no uso da Asistencia Persoal

Alejandro Rodríguez Picavea[Clic para ampliar la imagen]

O seguinte en tomar a palabra foi Alejandro Rodríguez Picavea, membro do Foro de Vida Independente e usuario do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal da Comunidade de Madrid.

O primeiro ao que se referiu foi ao termo diversidade funcional: eu, e moitas das persoas do foro, cremos que as palabras moldean o pensamento. Se falas en positivo pensas en positivo. Vimos de termos como enfermo, subnormal, diminuído, discapacitado,... estas denominacións fan que se interiorice que se é diferente e menos que os demais. O termo diversidade funcional non é nin positivo nin negativo, tan só fai referencia ás diferentes formas de funcionar das persoas (o que non indica que sexamos menos capaces nin menos válidos que ninguén). No fondo todas as persoas funcionan de xeitos diferentes pero a nós discrimínasenos polo nosos xeito de funcionar e aí toma sentido o termo diversidade funcional.

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Características do paradigma da Vida Independente

Juan José Maraña[Clic para ampliar la imagen]

A primeira intervención correu a cargo de Juan José Maraña membro tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente. Maraña fixo un repaso á evolución histórica da situación das persoas con diversidade funcional dentro da sociedade ata o nacemento e difusión do modelo de Vida Independente. En palabras de Maraña este repaso é necesario xa que: se sabemos onde estamos, trabucarémonos menos.

Para Maraña: o movemento de Vida Independente e a sociedade están desconectados xa que, ata este momento actual, a historia da humanidade considerou ás persoas con diversidade funcional máis como un produto do sistema no canto de ser vistos como cidadáns: somos un negocio (pasamos de fenómeno social a fenómeno de mercado) o mesmo que boa parte das nosas organizacións que pasaron de ser organizacións de defensa de dereitos civís a corporacións empresariais con financiamento público.

Xornada aberta sobre asistencia persoal e vida independente

Na mañá do pasado sábado 18 de Outubro tivo lugar na Residencia Universitaria Monte da Condesa unha Xornada Aberta sobre Asistencia Persoal e Vida Independente organizada pola Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente Galicia (Vigalicia). Dita Xornada foi un punto de encontro onde se tratou acerca do ideario de Vida Independente e de como se está a levar a cabo a implantación en Galicia dos servizos de asistencia persoal en comparación a outros puntos do estado español ou mesmo en relación a outros países europeos.

Juan José Maraña[Clic para ampliar la imagen]

A primeira intervención, ás 11:00 horas, correu a cargo de Juan José Maraña, membro tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente. Maraña fixo un repaso á evolución histórica da situación das persoas con diversidade funcional dentro da sociedade ata o nacemento e difusión do modelo de Vida Independente. En palabras de Maraña este repaso é necesario xa que: se sabemos onde estamos, trabucarémonos menos.

Participantes no Proxecto de Asistencia Persoal manteñen dúbidas sobre o futuro

A asociación VIgalicia (Vida Independente Galicia) celebrou onte na residencia Monte dá Condesa un encontro no que algúns dos participantes no Proxecto de Asistencia Persoal de Galicia mostraron as súas dúbidas respecto ao futuro desta prestación, afirma José Antonio Novoa, portavoz do colectivo.

Durante ou último ano tivemos financiamento para 40 horas semanais, e agora parece que se reducen a 27, que resultarán insuficientes, só para atender as necesidades máis básicas, afirma Novoa.

No encontro expuxéronse outras experiencias, realizadas en Madrid e Barcelona tamén recentemente, onde houbo casos que chegaron a dispor de 16 e mesmo 20 horas de asistencia diaria, ou que aqui non se conseguiu. VIgalicia insistirá para que se cumpra ou aprobado non Parlamento autonómico por unanimidade e que non haxa pasos para atrás, sostén Novoa.

A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera

Adolfo López Baña é un dous 30 galegos beneficiados polo Proxecto Piloto de Asistencia Persoal. Grazas a esta prestación, o presidente dá asociación Íntegro asegura ter conseguido unha maior independencia dá familia, que, dende ou seu punto de vista, non debe suplantar ou papel do coidador.

Adolfo López, usuario do proxecto piloto

¿Que supuxo para vostede a experiencia deste ano de asistencia persoal?

Foi súper positiva. Poder contar todos os días da semana cunha persoa que me axude nas actividades da vida cotiá e no traballo tamén é a verdadeira igualdade de oportunidades. No proceso dende que me levanto pola mañá ata que chego ao traballo necesito a axuda de alguén, e no traballo tamén. E o que máis valoro é que a miña filla é a miña filla, e a miña familia é a miña familia, e non poden estar soportando os labores de coidador que ata agora estiveron soportando. A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera persoa, e iso é ao que temos que aspirar, sen co-pago, evidentemente.

Espiral

Performance escenificada por Antón Novoa, previa á II Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional - Foro de Vida Independiente

Reunión da Plataforma de Usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal con María Xesus Lago e Bieito Seara

Membros da plataforma momentos antes da reunión [Clic para ampliar a imaxe]

Na maña de hoxe, 2 de outubro, un grupo de persoas con diversidade funcional pertencentes á Plataforma de Usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal foron recibidos pola Secretaria Xeral de Benestar Social, María Xesus Lago, e polo Director Xeral de Acción Social, Bieito Seara, para manter unha reunión informativa na que tratar o futuro das 30 persoas con diversidade funcional que, ata o pasado 30 de setembro, formaron parte do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal. En dita reunión os representantes de Benestar informaron do seguinte:

  1. O proxecto piloto continua sine die coas 30 persoas que participan nel, coas mesmas condicións que ata o de agora e ata formalización do sistema galego de AP.
  2. Todos os participantes recibiran por escrito de xeito individualizado esta información.

Imposible un Hawking gallego

Míriam Enriquez - La Vanguardia

Justamente el mismo día en que el científico Stephen Hawking aterrizaba en Labacolla para pasar seis días en la capital gallega con motivo de la entrega del premio Fonseca 2008, parapetado con un gran soporte tecnológico y un equipo de al menos seis personas que lo asisten de forma directa durante todo el viaje, la Xunta decidía que 30 ciudadanos gallegos, que al igual que el científico inglés necesitan soporte para llevar adelante su vida diaria -y que hasta ese momento estaban formando parte de un proyecto piloto de Asistencia Personal-, a partir del 1 de octubre se van a quedar en la estacada y a expensas de una Ley de la Dependencia (39/2006) que los va a devolver al confinamiento, recluidos en sus casas o en residencias.

A Plataforma do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama diálogo con Vicepresidencia

La Voz de Galicia

A Plataforma de Usuarios e Usuarias do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama unha resposta da Vicepresidencia da Xunta á carta que enviaron o xoves, na que solicitaban unha entrevista con Anxo Quintana para dialogar sobre a súa situación e tratar de atopar unha solución que non comprometa a nosa igualdade de oportunidades e permítanos unha vida digna. Esta Plataforma, integrada por persoas de varios lugares de Galicia, que constituíron a entidade Vigalicia, con sede en Santiago, afirma que quere dialogar directamente e non sente representada por ningunha outra entidade.

VIGalicia denuncia a paralización dun proxecto de asistencia persoal

Aarón López. AGN.

A asociación VIGalicia denunciou este venres en Santiago a finalización do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal que se puxo en marcha o mes de outubro do ano pasado, o que implica a retirada dos asistentes persoais que atendían aos 30 beneficiarios do proxecto.

Encerrado nunha gaiola na súa cadeira de rodas, Antonio Nóvoa defendeu a asistencia persoal de crear cidadáns en pé de igualdade e apoiouse no artigo 19 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, onde se define o seu dereito á asistencia persoal que sexa necesaria para facilitar a súa inclusión na comunidade.

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]