VIgalicia entrevistase con Judith Heumann

Aproveitando a recente presenza na nosa comunidade da fundadora do movemento de Vida Independente Judith Heumann, representantes da Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, mantiveron con ela un encontro informativo.

Judith Heumann é unha das fundadoras do movemento de Vida Independente das persoas con diversidade funcional que naceu nos EEUU nos anos 70 e, dende aquela, estivo ligada aos intereses das persoas con diversidade funcional dende diversos cargos de responsabilidade política como poden ser o de Vice-Secretaria de Estado para a Educación encargada da Oficina de Educación Especial e Servizos de Rehabilitación dentro da Administración Clinton ou o de Asesora do Banco Mundial en Materia de Discapacidade.

No transcurso desde encontro, que tivo lugar durante a súa vista á comarca coruñesa da Barbanza, Heumann tivo información de primeira man de cal é a situación das persoas con diversidade funcional en Galicia e do traballo que VIgalicia está a facer para transmitir o ideario de Vida Independente á sociedade en xeral e as administracións políticas en particular, co fin de acadar que todas as persoas con diversidade funcional poidan ter unha vida dentro da comunidade e o dereito a decidir sobre a súa propia existencia.

A fundadora do Movemento de Vida Independente amosouse esperanzada co traballo levado a cabo por VIgalicia e animou a esta ONG de Dereitos Humanos a seguir traballando nesta liña.

Judith Heumann (clic para ampliar a imaxe) De esquerda a dereita Manuel Lobato, Judith Heumann e Antón Novoa (clic para ampliar a imaxe) Manuel Lobato, membro do Foro de Vida Independente (clic para ampliar a imaxe) Judith Heumann (clic para ampliar a imaxe) De esquerda a dereita: Manuel Lobato, Judith Heumann e Antón Novoa (clic para ampliar a imaxe) Antón Novoa, presidente de VIgalicia (clic para ampliar a imaxe)

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]