Participación de VIgalicia en “Somos e sumamos”

Anxela López e Juan José Maraña

O dous de decembro celebrouse a I Xornada de Diversidade Funcional “Somos e sumamos”, organizada polo Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO) en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña.

A xornada contou coa presenza de Anxela López Leiceaga e Juan José Maraña, membros de VIgalicia.

Na súa intervención Juan José Maraña presentou a Asistencia Persoal como un alicerce do modelo de Vida Independente. Fixo fincapé en que non deber ser confundida cun recurso asistencial e avogou para sexa recoñecida como un dereito de primeira orde. Espuxo ademáis o modelo de autoxestión que aplica VIGALICIA para prover aos seus usuarios dun instrumento emancipador e de máxima rendibilidade, tendo en conta os insuficientes recursos públicos coa que se financia á AP na nosa comunidade.

A sexualidade dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional e os apoios precisos neste ámbito foi o tema do que tratou Anxela López Leiceaga. Falou da figura do asistente sexual, unha ferramenta que empodera a persoa con diversidade funcional e lles permite acceder ao seu corpo e a expresión sexual en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns. Lembrou que a sexualidade é unha necesidade básica e fundamental para o benestar, un dereito humano recoñecido na Convención.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]