Proxección de Yes, we fuck en Ponteareas

Cartel do festival das brétemas.JPG

O pasado sábado, 1 de outubro, proxectouse o documental "yes, we fuck" no salón de plenos da Casa do Concello de Ponteareas. O acto, organizado pola asociación cultural FestiVal das Brétemas forma parte da V edición, dedicada a "Corpos e sexualidades", e contou coa presenza de Anxela López membro do Foro de Vida Independente e presidenta de VIgalicia.

Anxela, participante no documental, falou da importancia de visibilizar a sexualidade das persoas “diferentes” como algo natural e necesario, deses corpos que a sociedade non considera normais, que os discrimina e os oculta.

Ao acto asistiu numeroso público, que seguiu con interese a proxección e despediu cun gran aplauso o final do documental.

O documental "Yes, we fuck" quere mudar mentalidades, abrir un debate e reflexionar sobre a visión que se ten da diversidade humana (mulleres, transexuais, diversos funcionais…). Que se abandone esa falsa crenza de enfermidade, incapacidade, submisión, infantilismo, suxeito pasivo, asexuado, digno de lástima e protección… Que mellor maneira de facelo que a traves da sexualidade, mostrando eses corpos como desexables, capaces de dar e recibir pracer ao alcance de todos e todas cos espazos inclusivos e os recursos necesarios.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]