Xornada sobre saúde e sexualidade

Logotipo da Xornada sobre saúde e sexualidade

A Xornada sobre saúde e sexualidade terá lugar o próximo día 27 de maio de 2016, en conmemoración do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres, na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial da Coruña.

A xornada desenvolverase en horario de mañá (entre as 08:45 e as 14 horas) e contará coa participación de diferentes persoas e entidades de iniciativa social (Ver programa).

Anxela López Leiceaga, presidenta de VIGALICIA, participará ás 12 h na mesa redonda “DIVERSIDADE FUNCIONAL E SEXUALIDADE”.

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 24 de maio ás 14 horas. Para inscribirte deberás enviar un correo electrónico co formulario de inscrición cuberto ó enderezo electrónico igualdade@dicoruna.es.

Para calquera dúbida podes poñerte en contacto coa organización nos teléfonos 981 080 780/981 080 775.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]