Subvencións para facilitar a autonomía persoal

Orde do 9 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para facilitar a autonomía persoal dirixidas ás persoas en situación de dependencia e se procede á súa convocatoria.

Subvencións de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Actuacións subvencionables:

  1. Produtos de apoio para o aseo e hixiene persoal.
  2. Produtos de apoio para a alimentación.
  3. Produtos de apoio para a mobilidade, posicionamento e protección persoal.
  4. Produtos de apoio para a comunicación aumentativa e alternativa.
  5. Produtos de apoio para o acceso ás tecnologías da información e comunicación (TIC).
  6. Produtos de apoio para persoas con discapacidade auditiva.
  7. Produtos de apoio para persoas con discapacidade visual.

Os produtos de apoio para a mobilidade inclúen a adaptación de automóbiles ou vehículos de motor, adquisición de axudas técnicas, adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.

Serán subvencionables aquelas axudas técnicas ou produtos de apoio que non sexan cubertas polo catálogo de prestacións ortoprotésicas do Servizo Galego de Saúde, ou calquera outra administración pública ou privada, debendo presentar documentación acreditativa da denegación desta axuda.

O prazo para a súa presentación será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Documentación completa PDF (156 KB.)

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]