Proxección de Yes We Fuck en Ourense

Público asistente á proxección [Clic para ampliar a imaxe]

O pasado 20 de agosto presentouse o documental Yes We Fuck na praza de San Cosme de Ourense. O acto foi organizado pola Asemblea feminista de Ourense e contou coa presencia de Anxela López, membra de VIGalicia e participante no documental. Anxela resaltou a importancia de visibilizar a sexualidade das persoas “diferentes” como algo natural e necesario, deses corpos que a sociedade non considera normais, que os discrimina e os oculta.

Anxela López participando no acto [Clic para ampliar a imaxe]

Este documental quere mudar mentalidades, abrir un debate e reflexionar sobre a visión que se ten da diversidade humana (mulleres, transexuais, diversos funcionais…). Que se abandone ese falsa crenza de enfermidade, incapacidade, submisión, minoría de edade, suxeito pasivo, asexuado, digno de lástima e protección… Que mellor maneira de facelo que a traves da sexualidade, mostrando eses corpos como desexables, rindo ou xemendo, ao alcance de todos e todas cos espazos inclusivos e os recursos necesarios.

Ao rematar a proxección do documental abriuse un debate entre as persoas asistentes e foi unánime o eloxio ao traballo realizado por Antonio Centeno e Raul de la Morena. O comentario xeral dxs asistentes foi que o documental rompeu moitas das ideas preconcebidas que tiñan.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]