Yes We Fuck en Ourense

Raúl de la Morena y Antonio Centeno [Clic para ampliar a imaxe]

Este xoves, ás 22:30h na Praza San Marcial, e organizado pola Asemblea Feminista de Ourense, proxectarase o documental Yes We Fuck, dentro das actividades de veránEarte 2015

No acto farase a presentacion do proxecto sobre diversidade funcional e sexualidade da man de Anxela Lopez Leiceaga e habera tamén petiscos solidarios.

Yes, we fuck! é un documental que quere abordar a sexualidade en persoas con diversidade funcional, xs chamadxs discapacitadxs.

Antonio Centeno, activista do movemento da Vida independente, e Raúl de la Morena, realizador de documentais, iniciaron este proxecto que quere visualizar, principalmente, o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todxs, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, poidamos gozar do sexo.

Yes, we fuck! non é só un documental, senón un proxecto onde a xente participa, dialoga e, sobre todo, cuestiona; no que as redes sociais teñen unha importancia fundamental. Ademais, o proceso de elaboración está a servir para tecer alianzas entre diferentes colectivos que traballan politicamente cuestións vinculadas ao corpo e a sexualidade (diversidade funcional, feminismos, transfeminismos, LGBT, queer, intersex, gordxs, entre outrxs).

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]