Encontro “Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos" en Lugo

De izquierda a derecha: Mónica Sumay, Anxela López, Estela Martinez y Manuel Piñeiro (Pallín) [Clic para ampliar a imaxe]

O pasado 5 de xuño tivo lugar en Lugo o encontro “Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos. Enerxía en acción para un novo Horizonte de Xustiza.

O acto comezou coa intervención de Manuel Piñeiro (Pallín), Presidente da Fundación Amigos de Galicia, que eloxiou a intensa traxectoria de SOLCOM e VIgalicia no activismo social e a prol dos dereitos humanos.

A moderadora, Estela Martínez, da asociación Auxilia Lugo, deu paso a proxección do vídeo introductorio de José Antonio Nóvoa.

Anxela López, Presidenta da Oficina de Vida Independente de Galicia (OVI), expuxo o percorrido da entidade dende o seu nacemento no 2006. As súas orixes, funcións, actividades e accións realizadas, así como os beneficios para persoas con diversidade funcional e para a sociedade en xeral que representa a Asistencia Persoal, foron algún dos temas dos que falou.

Mónica Sumay, vicepresidenta de SOLCOM, comezou a súa intervención coa proxección dun vídeo de presentación da entidade e continuou manifestando a necesidade de contar cun instrumento xurídico de apoio na defensa dos dereitos humanos, de acordo co disposto na Convención da ONU, (arts. 19, 9, 12 e 24), tal como está a desenvolver neste momento a asociación SOLCOM.

Finalmente a moderadora expuxo as conclusións das diferentes intervencións e o público asistente participou con gran interese.

Intervención de Mónica Sumay no programa "Convivir en igualdade" no que explica a función destes encontros.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]