Lugo - SOLCOM e VIGALICIA presentan a 3ª Campaña de Difusión da Convención da ONU sobre discapacidade

Encontros Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos

Enerxía en acción para un novo Horizonte de Xustiza

Lugo - 5 de xuño de 2014

Cartel do encontro [Clic para ampliar a imaxe]

Data: Xoves 5 de xuño de 2014.

Hora: 17:30h

Lugar: Centro Social Uxío Novoneyra, Rúa Quiroga Ballesteros Nº 1. Lugo

Organiza: VIgalicia e Asociación SOLCOM

Logotipos de VIgalicia e SOLCOM

Colaboran: Auxilia Lugo e Concello de Lugo

Logotipo de Auxilia Lugo Logotipo do Concello de Lugo

Acceso libre ata completar aforo.

Programa

17.00 – Representante de Auxilia Lugo (Presentación).

17.15 – Anxela López Leiceaga. Presidenta de VIGALICIA

17.45 – Mónica Sumay. Vicepresidenta de SOLCOM

18.15 – José Antonio Nóvoa Romay. Coordinador da campaña.

18.30 – Debate-coloquio

A Asociación SOLCOM, para a solidariedade comunitaria das persoas con diversidade funcional e a inclusión social, e VIGALICIA, a Oficina de Vida Independente de Galicia, ofrecerán o vindeiro día 5 de xuño en Lugo o evento ‘Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos. Enerxía en acción para un novo Horizonte de Xustiza’. Trátase dun encontro local que abordará, desde un enfoque de dereitos humanos, a situación das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade, e cómo a aplicación da perspectiva de dereitos humanos da Convención pode mellorar a vida das persoas.

Intervirán Anxela López, Presidenta de VIGALICIA; Mónica Sumay, Vicepresidenta de SOCOM; e José Antonio Nóvoa, coordinador da campaña, os que exporán as propostas e vías para o logro das expectativas deste Tratado Internacional que presentan as organizacións de defensoras de dereitos humanos.

Analizarase o grao de acomodo ao texto internacional que presentan as estruturas e institucións do país, así como as propostas e accións elaboradas dende o movemento de Vida Independente en España.

Este encontro desenvólvese no marco da terceira edición de Campaña de Difusión da Convención da ONU sobre os Dereitos das persoas con Diversidade Funcional, que en anteriores edicións se celebrou en colaboración coas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. Está dirixido a todos os públicos e, de forma importante, considérase de interese para as persoas con diversidade funcional e os seus familiares, así como para profesionais dos servizos sociais e representantes políticos.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]