A Consellería de Educación vulnera o dereito á educación e á saúde de Arturo

Arturo [Clic para ampliar a imaxe]

Arturo é un neno coruñes con autismo. Dende fai anos cursa estudios no CEIP Salgado Torres da cidade herculina. Ata o de agora o rendemento de Arturo tanto no seu desenvolvemento persoal como a nivel de relacion con mestres e compañeiros fora satisfactorio.

As cousas mudaron a principios do presente curso lectivo cando os pais de Arturo se deron conta dun cambio repentino de actitude no rapaz, cando a penas pasaran 5 días dende o comezo das clases. Os mestres de Arturo foron sustituídos por outros e retiraron as adaptacións que o neno tiña na aula, así como as pautas de comportamento con relación a Arturo (a nova profesora diríxese ao neno a berros). A todo esto uníuse un feito moi significativo: a supresión dos apoios visuais que Arturo utilizaba para comunicarse.

Toda esta situación deribou nun empeoramento significativo da saúde de Arturo requerindo tratamento farmacolóxico. A súa conducta vese afectada por un nivel nulo de tolerancia á frustración que provoca un estado de ansiedade xeralizado e a súa imposibilidade de realizar as tarefas que se lle encomendan (cousa que viña realizando ata o presente curso sen ningún tipo de atranco).

Ante esta situación, o pasado 20 de novembro, dende o SERGAS, recomendaron a desescolarización de Arturo. Posteriormente o Director Xeral de Educación da Xunta de Galicia propúxolles aos pais trasladar a Arturo ao colexio no que traballa na actualidade a pedagoga terapéutica que tan vos resultados acadase no pasado. Ante este proposta, os pais de Arturo non puideron máis que rexeitala xa que: o neno non pode cambiar continuamente de colexio seguindo aos seus docentes.

A día de hoxe, Arturo voltou á aula pero segue a ter medo e a súa inclusión segue a ser pouco satisfactoria. Pola súa banda, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia non tomou ningún tipo de medida ao respecto que permita mellorar a calidade de vida do neno.

O caso de Arturo é un máis dos moitos que últimamente se dan nos colexios públicos de Galicia e que están directamente relacionados coa diminución de orzamentos para a educación dende o comezo da crise.

É obvio que si se retira persoal cualificado que lles proporcione aos nenos o trato individualizado e específico que precisen, os que máis van notar os resultados na súa evolución son os propios nenos e, por ende, o seu entorno máis cercano. Ante esta situación a Administración pública coñecedora do empeoramento clínico do neno parece obtar por mirar para outro lado, vulnerando así o seu dereito a unha educación inclusiva e de calidade tal e como se reflicte no artigo 24 da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional promovida pola ONU no ano 2006, e poñendo en risco a saúde do rapaz.

Contacto: VIGALICIA: Kiko Fernández. Telf 625922326 - vigalicia@vigalicia.org

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]