VIGALICIA convida á participación en Europa

Símbolo das xornadas [Clic para ampliar a imaxe]

ENIL organiza as Xornadas sobre a múltiple discriminación que enfrontan os mozos con discapacidade en Europa.

É un evento dunha semana de duración, que terá lugar entre o 29 de xuño e o 6 de xullo de 2014 en Estrasburgo, Francia.

Os obxectivos xerais son:

  1. Sensibilizar aos mozos con discapacidade e empoderalos dándolles a posibilidade de contrarrestar a discriminación.
  2. Desenvolver unha campaña para loitar contra a discriminación múltiple.

As xornadas están coordinadas por un equipo internacional de novos líderes de Reino Unido, Hungría, Irlanda, Bulgaria e Letonia con experiencia no traballo cos mozos nos seus países e internacionalmente .

Participantes con idades entre 18 e 30 anos, que teñan algunha discapacidade. Bo nivel de Inglés (comprensión e comunicación). Disporá de accesibilidade, intérprete de linguaxe de signos, gastos de viaxe e aloxamento cubertos e, se é necesario, para un asistente persoal tamén. Cota de participación de 50 euros.

As xornadas estarán enfocadas sobre o concepto de discriminación múltiple, as persoas con discapacidade nas minorías ou grupos marxinados (por exemplo, do grupo étnico romaní, LGTB, etc.).

Data límite para a solicitude de reserva nas xornadas: 4 de abril de 2014.

VIGALICIA é membro de ENIL, e convida os mozos á participación.

Máis información: vigalicia.org

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]