Invitación á VI Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional

VIgalicia súmase e apoia a convocatoria do FVID

Ante a situación que soporta a cidadanía, provocada por unha política que está a desmantelar o Estado do Benestar desprezando os Dereitos Humanos dos máis vulnerables, ante tanta manipulación e ilegalidade encubertas a que nos vemos sometidos diariamente, as persoas con diversidade funcional (discapacidade) temos que saír á rúa unha vez máis para deixar claro que non somos marionetas nin números, que somos persoas ás que se lles están pisando os seus dereitos recoñecidos en tratados internacionais: educación, saúde e vida independente.

Somos o Foro de Vida Independiente y Divertad. Formámolo persoas con e sen diversidade funcional, pero iso no fondo dá o mesmo, xa que o que reclamamos son os dereitos fundamentais que son inalienables para calquera ser humano por nacemento. Non imos renunciar a esixir o que nos corresponde. Vannos niso a liberdade e a dignidade, e iso non se calcula en moedas. Unha sociedade que se permite a si mesma abandonar á súa sorte aos que máis apoios necesitan é unha sociedade corrupta, morta.

Por todo isto convocamos a toda a sociedade a acudir en masa a VI Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Declaróuselle a guerra á cidadanía e xa sabemos cales serán as primeiras baixas, sempre foi así. As armas empregadas agora son máis sutís; son feridas morais e de pensamento, e a agonía é lenta. Bombardéasenos co sentimento de culpa, e diso as persoas con diversidade funcional sabemos moito; é a táctica que se utilizou connosco desde hai séculos. Transmítese que as nosas vidas son menos valiosas e, por tanto, non importa se as vivimos con dignidade ou non, se decidimos como vivilas ou non.

Queremos e temos que saír á rúa a dicir:

  • Non somos culpables!
  • Non vivimos por encima das nosas posibilidades, nin por encima de ninguén!
  • Roubáronnos e continúan facéndoo, non só o diñeiro, senón tamén os nosos dereitos!

Todas as persoas que crean no respecto aos dereitos humanos están convidadas.

Día: Sábado, 22 de setembro

Hora: 18:00

Saida: Plaza de Jacinto Benavente, Madrid. Localización

Foro de Vida Independiente y Divertad

12 de agosto de 2012

DERECHOS HUMANOS ¡YA!

“NADA SOBRE NOSOTROS SIN NOSOTROS”

www.FVID.es

www.derechoshumanosya.org

email: fvi [arroba] forovidaindependiente [punto] org

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]