Vida independiente y asistencia personal. La experiencia de Gipuzkoa

A Vida Independente ten entre os seus obxectivos a promoción da autonomía persoal e a consecución da plena cidadanía. Para iso reivindica unha serie de principios que vertebran o movemento de vida independente (MVI, ou ILM polas súas siglas en inglés) e que son os que lle dan sentido.

Para alcanzar estes fins existen unha serie de medios, entre os que se atopan tanto a asistencia persoal como o pago directo. No entanto, a Vida Independente non aparece como algo illado, senón que se debe ver dentro dun contexto e con outros programas que lle dan cobertura e sustento, tales como a asistencia persoal e as axudas económicas.

A asistencia persoal, un tema moi novo aínda na nosa contorna, non ten aínda unha definición clara para nós, pero hai que diferenciala tanto dos coidados como da asistencia domiciliaria. Ao mesmo tempo, convén aclarar que actualmente xa non é unha reivindicación, senón un dereito recolleito no ordenamento xurídico español. Loxicamente, para exercer este dereito debe falarse do financiamento necesario para iso.

Como exemplo dun programa de Vida Independente, explícase a experiencia que se está levando a cabo en Guipúzcoa desde 2004, e que Xabier Urmeneta, técnico da Deputación Foral de Guipúzcoa analisa neste escrito publicado na web do FVID

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]