"Hai outros sitios"

Unha parella con diversidade funcional física entran no restaurante “Muerde la Pasta" situado no Centro Comercial “Marineda City” da Coruña. Ao chegar á zona do buffet a parella pediu axuda aos traballadores do establecemento para poder servirse. A contestación dos empregados foi de rexeitamento a asistilos e acto seguido o encargado do local convidoulles a marcharse: "Hai outros sitios".

De seguido dirixíronse á oficina de Turismo onde interpuxeron unha denuncia por discriminación o día 19 de Abril de 2011. A contestación da Oficina de Turismo foi que non existía ningún caso de discriminación.

Esta resposta, recibida hai dúas semanas, levoulles a pedir axuda á Comisión de Acción de Acampada Coruña.

Despois desta resposta, esta comisión programou unha acción reivindicativa para o día 16 de Xullo. Os participantes acudiremos cos brazos vendados, escaiolas, etc.

Horario de actividades para o día 16 de Xullo:

12:00 – Visita turística por dentro do local “Muerde la pasta”. (Informar os clientes que xa estean dentro do ocorrido nese local, realizando realmente unha visita turística co seu guía que lles irá explicando todo o que nos atopemos).

14:00 – 16:00 – Comida Popular dentro do Centro Comercial Marineda City. (Animámosvos a todos a traer comida de casa e comer nas estrepitosas instalacións deste Centro Comercial).

16:00 – 18:00 – Xincana popular dentro do Centro Comercial Marineda City.

18:00 – 20:00 – Outra visita turística por dentro do local. (Por se algunhas persoas non poden vir pola mañá e só poden vir ao segundo tour turístico).

20:15 – Asemblea Popular no Centro Comercial Marineda City. (Informar do ocorrido e ler unha serie de recomendacións de trato).

Esperamos que o día reivindicativo “HAI OUTROS SITIOS” leve a un cambio de actitude a este establecemento.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]