Xornadas “Inclusion educativa e diversidade funcional na primeira infancia”
O vindeiro venres 19 de febreiro celebrarase no concello de Ribeira unha xornada sobre “Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na primeira infancia”, organizada pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional (AMBAR).
O acto terá lugar no Centro de Recursos do Barbanza e comezará contra as 17.00 horas, coa intervención da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño Rey, quen dará paso as testemuñas de Esther Cuadrado, Mónica Sumay e Cecilio García, pais de rapaces con algún tipo de diversidade quen, dende a súa propia experiencia, analizarán as necesidades familiares ás que se enfrontan os pais destes menores.
A xornada continuará de mans da presidenta da asociación BATA, Carmen Márquez e a pedagoga Mº Cruz da Silva, que achegarán diferentes propostas encamiñadas cara a inclusión dos rapaces.
Finalmente, a presidenta de AMBAR, Milagros Rey e o representante do Foro de Vida Independente, Toño Nóvoa, encargaranse de poñer peche ao acto.
A inscrición para o público é gratuíta pero prégase confirmar a asistencia nos teléfonos 981 875 475 ou 981 874 480, xa que o número de prazas é limitado.
Xustificación:
“... Los Estados Partes tomarán todas las medidas necesarias para asegurar que todos los niños y las niñas con discapacidad gocen plenamente de todos los derechos humanos y libertades fundamentales en igualdad de condiciones con los demás niños y niñas..."
“... en todas las actividades relacionadas con los niños y las niñas con discapacidad, una consideración primordial será la protección del interés superior del niño”
.
Art.7 Convención de Naciones Unidas sobre los derechos de las personas con diversidad funcional.
Día:
27 de febreiro 2010
Lugar:
Centro de Recursos de AMBAR. San Roque, Frións (Ó lado do Instituto Leliadoura) Localización
Horario:
- De 17:00 h a 20:00 h.
Inscripción:
- A inscrición para o público é gratuíta pero prégase confirmar a asistencia nos teléfonos 981 875 475 ou 981 874 480, xa que o número de prazas é limitado.
Organiza: AMBAR
Colabora: Concello de Riveira
Programa
Día 19
Introducción
17:00 h. Esther Patiño Rey concelleira de Servicios Sociais
Intervencións
17:05 h. Necesidades das familias dende a experiencia. Esther Cuadrado, Mónica Sumay, e Cecilio García..
18:30 h. Propostas para a inclusión. Carmen Márquez, presidenta da Asociación BATA, Mª Cruz Da Silva, pedagoga.
Peche
19:55 h. Milagros Rey, presidenta da Asociación AMBAR e Toño Nóvoa, representante do Foro de Vida Independente.

![Cartel das xornadas [Clic para descargar] Cartel das xornadas [Clic para descargar]](http://www.vigalicia.org/files/xornadas_at/cartel.jpg)




