Proposta de VIGALICIA á Xunta para un SISTEMA DE ASISTENCIA PERSOAL DE GALICIA

Desenvolvemento mínimo aceptable:

  1. Acceso ó sistema mediante a presentación do Plan de Vida Individual (PIVI) elaborado polo usuario, condicionado a realización de actividades laborais, de educación e sociais.
  2. Valoración da provisión de asistencia persoal en función de horas necesarias para cobertura de necesidades asistenciais, establecendo un mínimo de 5 HORAS/DÍA durante o ano 2010, exento de repago por ser MINIMO VITAL. Aplicación de repago para rentas superiores a 2’5 veces o IPREM a partir deste MINIMO VITAL de horas fixado como EXENTO (deberíase substituir indicador IPREM por SMI).
  3. Ano 2011: provisión de asistencia persoal nivelada co proxecto de Madrid, cun MINIMO VITAL de 11 HORAS/DÍA EXENTO de repago.
  4. Ano 2012: provisión de HORAS NECESARIAS conforme ao PIVI, en cumprimento do artigo 19 da Convención.
  5. Pago directo ao usuario.
  6. Formación de usuarios para autoxestión de A.P.; apoio entre iguais.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]