A Rede Europea de Vida Independente esixe ao presidente de quenda da UE, José Luis Zapatero, o peche de todas as institucións para persoas con diversidade funcional de Europa

A Rede Europea de Vida Independente (ENIL), remitiu hoxe ao presidente de quenda da Unión Europea, José Luis Rodríguez Zapatero, a través do seu representante en España, José Antonio Nóvoa Romay, un escrito no que se exhorta ao peche de todas as institucións para persoas con diversidade funcional (discapacidade) dos Estados europeos e a que se adopten políticas sociais que permitan a súa inclusión social, de acordo co artigo 19 da Convención das Nacións Unidas para as persoas con diversidade funcional.

A ENIL lanza este desafío aos países da Unión Europea aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Lembranza do Holocausto, e fai un chamamento para crear conciencia de todas as atrocidades que tiveron lugar durante este fatídico episodio da historia, onde as persoas con diversidade funcional foron as primeiras vítimas das tentativas de Hitler por crear unha raza superior.

Durante a persecución nazi, as diversidade funcional considerábase un signo de “vida indigna da vida”. Segundo destaca un informe realizado pola organización de Defensores dos Dereitos das persoas con Diversidade Funcional, moitas destas foron utilizadas para experimentos médicos, maltratadas e exterminadas nos campos de concentración.

Este é un día para expresar a necesidade de cambiar as actitudes que permiten o comportamento de exclusión cara ás persoas consideradas diferentes. O odio, a intolerancia, o perfeccionismo e a ignorancia, están detrás desas condutas, das actitudes discriminatorias, da exclusión das persoas que non viven segundo as “normas de perfección” creadas pola sociedade e que influencian o seu tratamento.

Hoxe en día, este colectivo segue a ser excluído da sociedade, e os gobernos dos países máis ricos e supostamente máis avanzados do mundo seguen a infrinxir os dereitos humanos, obrigando a moitas persoas con diversidade funcional a ser pechadas en institucións ou encarceradas nas súas casas sen asistencia persoal, privándoas, polo tanto, dunha vida digna.

Logotipos de vigalicia y ENIL

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]