Conferencia de Judith E. Heumann en Santiago

A Fundación Iniciativas 21 organiza a conferencia maxistral Políticas públicas e dereitos das persoas con discapacidade que será impartida por Judith E. Heumann.

Judith E. Heumann [Clic para ampliar a imaxe]

A señora Judith E. Heumann (1947, EE.UU.), é unha activista na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional (discapacidade) como resulta do seu compromiso e experiencia persoal. Heumman, afectada pola poliomielite na súa infancia, usuaria de cadeira de rodas é co-fundadora de Disability in Action (1970) á vez que do World Institute on Disability (1983) xunto a Ed Roberts e Joan León en 1983, traballando como co-directora ata 1993. Serviu na Administración do Presidente Bill Clinton como Subsecretaria da Oficina de Educación Especial e Servizos de Rehabilitación do Departamento de Educación dos EE.UU., de 1993 a 2001. Tamén traballou como Asesora sobre Discapacidade e Desenvolvemento no World Bank Group, propiciando a integración das perspectivas sobre discapacidade nos seus programas e proxectos. Na actualidade é a Directora do Departamento de Servizos de Discapacidade en Washington, DC.

Heumann graduouse na Universidade de Long Island en 1969 obtendo un Master of Science en saúde pública na Universidade de California, Berkeley en 1975. Foi galardoada cos Doutoramentos Honoris Causa pola Universidade de Long Island en Brooklyn, e pola Universidade de Illinois en Urbana-Champaign. Ela foi a primeira galardoada co Premio Henry B. Betts do Instituto de Rehabilitación de Chicago.

O acto terá lugar o luns día 21 de xullo ás 20:00 h. no Salón de Convencións do Hotel Araguaney (rúa Alfredo Brañas, num. 5, Santiago de Compostela).

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]