Capitulo V. Disolución e liquidación

Artigo 32.

A Asociación poderá disolverse por unha das seguintes causas:

  1. Polas causas determinadas no artigo 39 do Código Civil.
  2. Por sentencia xudicial firme.
  3. Por vontade dos dous tercios dos socios manifestada na Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ó efecto.

Artigo 33.

Comisión liquidadora.

Acordada a disolución da Asociación pola Asemblea Xeral ou decidida, no seu caso, pola autoridade xudicial, a Xunta Directiva, constituída en Comisión Liquidadora, procederá á liquidación do patrimonio da entidade.

A Xunta Directiva poderá delega-la súa función en tres ou más comisarios elixidos pola mesma entre os socios.

Artigo 34.

Asemblea Xeral no período de liquidación.

Durante o período de liquidación, a Asemblea Xeral conservará a plenitude de poderes e facultades que tiña con anterioridade ó acordo de disolución

Artigo 35.

Destino dos bens resultantes.

No caso de disolución definitiva, liquidadas tódalas obrigas pendentes que sexan da Asociación, o sobrante de fondos que resultase transmitirase a entidades sen ánimo de lucro de Persoas con Diversidade Funcional en Galicia que defendan os principios fundamentais destes Estatutos.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]