Capitulo IV. Socios

Artigo 24

Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas usuarias de Asistencia persoal ou con necesidade de apoios de asistencia persoal recoñecida oficialmente, maiores de idade e con capacidade de obrar que non estean suxeitos a ningunha condición legal para o exercicio do dereito, tratándose de menores de idade ou incapacitados xudicialmente, exercerase a representación a través dos representantes legais correspondente.

Artigo 25

Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:

  1. Socios fundadores, que serán os que participen no acto de constitución da Asociación.
  2. Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación, conforme ao Artigo 24, que compartan os principios e valores da Asociación cooperando no cumprimento dos fins.

Artigo 26. Altas e Baixas dos socios.

O procedemento de admisión dun socio deberá se-lo seguinte:

  1. O candidato deberá facer unha solicitude por escrito, dirixida ó Presidente da Asociación, na que se fagan consta-los datos persoais do solicitante e na que se exprese con claridade o seu desexo de ser socio.
  2. A solicitude de admisión deberá estar avalada, ó menos, por catro socios numerarios da Asociación.
  3. A Xunta Directiva solicitará a información que considere oportuna e ten a potestade de admitir, provisionalmente, ata a celebración de inmediata Asemblea Xeral Ordinaria, a un novo socio, pero éste só obterá a súa condición e dereitos plenos cando, por decisión unánime, a Asemblea Xeral ratifique, ou non, o acordo da Xunta Directiva.
  4. Calquera candidato a socio poderá recorrer diante a Asemblea Xeral no caso que esta rexeite a súa admisión.

Un socio causará baixa na Asociación:

  1. Cando o solicite voluntariamente, sen necesidade de xustificación.
  2. Forzosa, por causa legal ou estatutaria. Toda causa de expulsión constará, debidamente acreditada, no correspondente expediente, que non poderá ser resolto sen a audiencia da parte interesada.

Artigo 27

Os socios de número e fundadores terán os seguintes dereitos:

  1. A participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación, a exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
  2. A ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
  3. Participar nos programas e iniciativas que sexan impulsados ou coordinados pola Asociación, nas condicións que establezan os seus órganos de goberno.
  4. Utiliza-los servizos de toda índole que se creen pola Asociación
  5. A acceder a toda a documentación da Asociación nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos persoais.
  6. A ser apoiados pola Asociación nas iniciativas que se consideren oportunas.
  7. A impugna-los acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou ós Estatutos.
  8. A ter copia destes estatutos.
  9. A recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
  10. A ser oído con caracter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el; a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas. As posibles sancións, en todo caso, deberán ser motivadas.
  11. Suxerir aos membros da Xunta Directiva en orden ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.

Artigo 28

Os socios fundadores e de número terán as seguintes obrigas:

  1. Cumprir estes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno, unha vez elaborado, e as decisións da Asemblea Xeral, así como as adoptadas polas Comisións e que foran sancionadas pola Xunta Directiva.
  2. Asistir ás Asembleas e demais actos que se organicen.
  3. Participar na elección de cargos na xunta Directiva.
  4. Facilita-la información solvente e responsable, sempre que sexa requirida polos órganos representativos da Xunta Directiva.
  5. Satisfacer puntualmente as cotas que lle correspondan para o mantemento e desenrolo das actividades da Asociación.
  6. Manter absoluto segredo sobre os datos coñecidos como consecuencia da información confidencial adquirida na Asociación.
  7. Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.

Artigo 29

Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

  1. As cotas que satisfagan os socios, cando se establezan.
  2. As subvencións, doazóns, donativos, legados e herdanzas que se fagan a favor da mesma.
  3. Os bens propios, mobles e inmobles.
  4. rendemento do seu patrimonio
  5. Calquera outra achega que obteña licitamente para ser destinada ó cumprimento dos seus fins
  6. O capital fundacional de Asociación é nulo, e o presuposto anual non será menor de tres mil euros (3.000 €).

Artigo 30

A Asociación no momento da constitución carece de fondo social.

Artigo 31

A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoureiro, que deberá telo preparado antes do 1 de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria. O exercicio económico coincidirá co ano natural.

Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que serán postas a disposición dos socios, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]