Capitulo II. Misión, principios, valores, fins

Artigo 5. Misión, Principios e Valores.

Nosa misión é promover a Asistencia Persoal (AP) tal e como se entende baixo o Ideario de Vida Independente que se basea no dereito de toda Persoa con Diversidade Funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade igual que calquera outro cidadán.

Esta Asociación está inspirada polos principios de Dignidade, Igualdade e Autodeterminación inherentes ao ser humano.

Os valores da Asociación son: os Dereitos Humanos e Civís, a Axuda e Apoio Mutuo, a posibilidade para exercer poder sobre un mesmo, a inclusión, a responsabilidade sobre a propia vida e accións, e o dereito a asumir riscos.

Artigo 6. Fins.

  1. Servir aos seus asociados como instrumento de apoio e intermediación para a consecución e xestión de recursos suficientes para a Vida Independente, tales como sistemas de Asistencia Persoal e Asistencia Tecnolóxica baixo a filosofía da Vida Independente, así como da accesibilidade e deseño universal dos espazos e productos.
  2. Promover alternativas á institucionalización imperativa por causa de Diversidade Funcional.

Artigo 7.

Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

  1. Desenvolver experiencias e recursos para a vida independente entre a poboación de Persoas con Diversidade Funcional, nos ámbitos do coñecemento, da Asistencia Persoal e da Asistencia Tecnolóxica.
  2. Desenvolver servizos básicos de información, consellería entre pares, formación en destrezas de vida independente e mediación.
  3. Desenvolver experiencias que faciliten a participación plena en todos os recursos e servizos dispoñibles na comunidade.
  4. Divulgar a Filosofía de Vida Independente, mediante a asistencia técnica e a orientación á comunidade sobre os dereitos das Persoas con Diversidade Funcional.
    Impulsar a autodeterminación persoal e a autoxestión.
  5. Desenvolver destrezas de liderado persoal e a percepción de grupo.
  6. Actuar como axente do cambio social a favor dos dereitos das Persoas con Diversidade Funcional.
  7. Mellorar a calidade de vida das Persoas con Diversidade Funcional fomentando o benestar, a economía e consideración dos individuos.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]