Oficina de Vida Independente de Galicia (OVI)

"Nada sobre nós sen nós"

Logo do CSOA Escarnio e maldizer

A discapacidade en visión periférica

Xornadas para descubrir experiencias sobre diversidade funcional directamente da xente que a vive en primeira persoa

Cartaz das xornadas

Día 9

20.00 h Performance participativa.

  1. unBlackboxing 2
  2. Descaixanegrizar a discapacidade

Por José Antonio Nóvoa

21:30 Proxección do documentario Yes we fuck!. Coa presenza de Anxela López Leiceaga, participante no filme

Día 10

20.00 Palestra. Radio Prometea. Activismo e apoio mútuo na saúde mental. Paula Tomé.

21:30 Proxección do documentario Rufus May o doutor escoitaba voces

Participación de VIgalicia en “Somos e sumamos”

Anxela López e Juan José Maraña

O dous de decembro celebrouse a I Xornada de Diversidade Funcional “Somos e sumamos”, organizada polo Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO) en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña.

A xornada contou coa presenza de Anxela López Leiceaga e Juan José Maraña, membros de VIgalicia.

“Somos e sumamos” I Xornada de Diversidade Funcional

Cartel da I Xornada de Diversidade Funcional 'Somos e sumamos'

O próximo venres dous de decembro celébrase a I Xornada de Diversidade Funcional “Somos e sumamos”, organizada polo Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO) en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña.

Proxección de Yes, we fuck en Ponteareas

Cartel do festival das brétemas.JPG

O pasado sábado, 1 de outubro, proxectouse o documental "yes, we fuck" no salón de plenos da Casa do Concello de Ponteareas. O acto, organizado pola asociación cultural FestiVal das Brétemas forma parte da V edición, dedicada a "Corpos e sexualidades", e contou coa presenza de Anxela López membro do Foro de Vida Independente e presidenta de VIgalicia.

Anxela, participante no documental, falou da importancia de visibilizar a sexualidade das persoas “diferentes” como algo natural e necesario, deses corpos que a sociedade non considera normais, que os discrimina e os oculta.

VIGalicia trasládalles as súas propostas ás forzas políticas galegas

Representantes das organizacións políticas e de VIgalicia durante a reunión

O martes 6 de setembro a sede da Fundación Euxenio Granel de Santiago de Compostela acolleu unha mesa redonda de carácter informativo. Na mesma, os representantes de VIGalicia (Vida Independente Galicia) Anxela López, Juan José Maraña, Kiko Fernández Mujico e José Antonio Novoa lles trasladaron aos representantes das distintas forzas políticas que concorrerán ás vindeiras eleccións autonómicas galegas, Adrián Bravo (BNG), Eva Solla (EN MAREA), Marta Rodríguez (PP) e Patricia Vilán (PSdG-PSOE), as súas propostas para dar visibilidade política á situación das persoas con diversidade funcional no noso país.

Rompendo moldes: novas alternativas para as persoas con diversidade funcional

Anxela López Leiceaga na xornada Rompendo moldes

O pasado 4 de xuño celebrouse as xornadas: "Rompendo moldes: novas alternativas para as persoas con diversidade funcional", organizadas pola asociacion galega de saúde mental en Lamiño (Brión) intervindo Anxela López baixo o título “Outra vida é posible" presentando a OVI de Galicia, incidindo na figura do AP e Asistencia Sexual e cuestionando unha vez máis o modelo médico-rehabilitador por todos os presentes o acto.

Xornadas “Saúde e Sexualidade”

Anxela López Leiceaga durante a súa intervención na Xornada sobre saúde e sexualidade

A mesa redonda "Diversidade funcional e sexualidade" puxo fin á xornada coa intervención da presidenta de VIGALICIA, Anxela López Leiceaga.
A sexualidade dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional foi o centro da intervención de Anxela, que falou do recurso da "asistencia sexual", que explicou como unha ferramenta que empodera a persoa no ámbito sexual, nos permite acceder o noso corpo e a expresión sexual en igualdade de condicións respecto o resto dos cidadáns. Unha figura en construción e que xa existe noutros países e en España recentemente, aínda que non está recoñecida. A sexualidade é un dereito humano recoñecido na Convención da ONU dos Dereitos das persoas con diversidade funcional, que ampara o ideario do movemento de Vida Independente. As institucións públicas deben velar polo cumprimento do disposto na mesma, defendeu a Presidenta de VIGALICIA.

Xornada sobre saúde e sexualidade

Logotipo da Xornada sobre saúde e sexualidade

A Xornada sobre saúde e sexualidade terá lugar o próximo día 27 de maio de 2016, en conmemoración do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres, na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial da Coruña.

Proxección do documentario Yes, we fuck! en Allariz

XII xornadas para a igualdade en Allariz

O 17 de marzo ás 21:30 h. no Café Cultural Roi Xordo terá lugar a proxección do documentario Yes, we fuck!

A actividade forma parte das XII xornadas para a igualdade e será moderada por Anxela López, Membra do Foro de Vida Independente e presidenta de VIGalicia.

Martina González Veiga: “hai que ver as persoas con diversidade como suxeitos sexuais”

Martina Gónzalez Veiga

Como directora do centro de sexualidade Con mucho gusto!, Martina González Veiga achegase á vida sexual de xeito natural e vendo a diversidade como unha oportunidade no canto de ver as nosas circunstancias como un problema.

Dende o seu programa na Radio Galega, Gónzalez Veiga, normaliza o feito de falar de sexo. Nesta entrevista seguimos a mesma senda e poñémoslle voz ás súas reflexións.

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]